11:00 hasta las 20:00
Olladas

Olladas

Dezaseis mozos e mozas de formación moi variada, traballan cada día para dar unha visión fresca e renovada aos programas culturais que se están ofrecendo na cidade.

Fotogrametría, virtualización de rutas, revisión de arquivos ou accesibilidade son tarefas nas que xa se están a mergullar cada xornada. E é que teñen asignado un encargo moi específico, o rexistro e dinamización dos xacementos arqueolóxicos da cidade son o obxectivo do seu traballo a desenrolar ao longo deste ano e até o próximo verán.

Nesta ocasión tremos unha proposta moi artística, xa que os nosos xacementos van ser tratados dende unha visión persoal por sete fotógrafos comisariados por outros seis xestores culturais e apoiados polas docentes do programa a través dunha mostra fotográfica na Casa Museo Casares Quiroga.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android