19:00
Por Vía Oral

Por Vía Oral

Por Vía Oral é un espectáculo de pura comedia, no que dous dos grandes cómicos do momento, Brandariz e Triana, analizan o sistema sanitario actual desde un punto de vista humorístico.

Un paciente ingresa no hospital e ten que afrontar unha serie de situacións embarazosas, das que todas e todos vivimos cando acudimos aos centros de saúde ou aos hospitais. Desta maneira faise un percorrido polo sistema sanitario do máis cómico, e sobre todo con esceas moi cotiás e identificables para o público.

Un espectáculo totalmente terapéutico que ten como único efecto secundario a risa e a gargallada.

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=99951
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android