11:30
Con area cousas debuxo

Con area cousas debuxo

O "Sand Panting" é unha técnica de ilustración con area sobre unha pantalla formada por un cristal translúcido. A este cristal, colocado a xeito de mesa, pónselle luz por debaixo e... xa temos a pantalla lista para botar area enriba e realizar os debuxos!.

Descubrín esta técnica en YouTube por casualidade e tamén descubrín á que considero a miña mestra, Kseniya Simonova.
O colectivo "Mos-Solidario" deume a oportunidade de facer por primeira vez unha obra de sand painting na gala benéfica "Axudamos a Paquistán" 2010.

A partir de aquí, e grazas ao pulo que me deu o meu benquerido amigo Marco Pombo, comezou esta aventura marabillosa na que coñecín outros mundos artísticos diferentes e compartín escenarios cunha chea artistas.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android