19:00
Eondry

Eondry

A finais do 2007, coñécense case por casualidade Matías e Brian cun obxectivo en común, crear música, sen marxes nin ataduras. Co transcurso do tempo foron pasando distintos integrantes pero de traxectoria "fugaz" e tras as sucesivas viaxes de Brian, o grupo non se daba consolidado. A mediados do 2009, coñecen a André (Baixo), quen pecha o circulo co seu toque persoal,a banda comeza a escribir temas e asi, Eondry consegue a solidez que buscaba.

Eondry expón unha música persoal e creativa, sen marxes, sentindo e tocando o que sae desde as entrañas. Eondry reside en Vigo, esta formado por tres compoñentes, Math (guitarra e voz), André (baixo), Brian (batería, teclado, coros) o 2 de novembro de 2010 debutan en directo na Iguana Club teloneando a dúas bandas australianas (Heirs, The night terros) facendo un percorrido polas escena musical en Pontevedra. Agora mesmo atópanse traballando no EP Debut: HYPERBOREA proxectando á música un toque mais sincero.

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=106030
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android