19:00
Moon Cresta

Moon Cresta

Moon Crista é o resultado de sumar o esforzo, destreza, creatividade e entrega de catro músicos baixo o emblema de Power & Funk. 

Os alicerces de MOON CRISTA son Manu Dobre L á guitarra, Manu Ares como baterista, David Mr. D.Vázquez á voz e teclados, e Antón F. Piru no baixo. A sinerxia existente entre eles é o argumento máis poderoso dos seus concertos nos que defenderán as cancións da súa máis recente álbum Civil Fuzz Brigade? (CD, LP, The Fish Factory - 2019) á vez que percorren o mellor dos seus anteriores traballos: eROCKtile dysFUNKtion SOULutions (CD DVD, PAI edicións 2006), The Sparkling RadioStars & Their Lunatic Orcresta? (CD, Autoeditado, Leena & Teena Records 2010), Moonary (CD - LP, Rock Estatal - 2016).

MOON CRISTA conquistou un recoñecemento e respaldo mediático avalado polas súas aparicións en espazos radiofónicos como "Os concertos de Radio 3", "180 graos", "Hoxe empeza todo", Turbo 3 de Radio 3; o reivindicativo Carne Crúa de Javier Gallego; así como unha importante difusión en Rock FM ("Rock FM Motel" de Rodrigo Contreras), Mariskal Rock ("Rock Star" de Mariano Muniesa), Cadea 100, Cadea Ser, Radio Televisión Galega ("Estudo 3" de Ricardo Alonso...). A prensa escrita tamén dedica á banda columnas de afagos que poden lerse en publicacións de referencia obrigada (Roteiro 66, Rock Estatal, Rock Total).

Con todo, a verdadeira esencia de MOON CRISTA só ten sentido sobre as táboas. O escenario é o seu hábitat, e nel viven, crecen e desenvólvense sendo aí onde debes gozar deles.

Isto só é parte do treito camiñado. O mellor é o que queda por percorrer. Durante a viaxe unicamente prometeremos que haberá: baile, suor e xúbilo.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android