19:00
Ultrafónicos Band

Ultrafónicos Band

Ultrafónicos, é unha banda de Pop-Rock que fai versións de éxitos, desde os inesquecibles anos setenta ata os temas que soan na actualidade. Nace no ano 2017 da paixón pola música dos seus integrantes. A formación está composta por ?Sonia á voz e guitarra, Victor á guitarra, Fernando ao baixo e José á batería e percusión. Os catro membros da banda suman a súa experiencia en anteriores bandas para facer un espectáculo de máis de 2 horas de duración.

O seu repertorio baséase en éxitos do rock clásico a versións de temas pop cun toque particular, ou temas propios elaborados na mesma liña musical, todos cantados en Español, Gallego e Inglés. O obxectivo é contribuír a fomentar a música en directo facendo partícipes ao público asistente.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android