12:30
Lixo

Lixo

Sempre a correr chegan PLié e Relevé ó teatro para mostrar a súa gran coreografía. Mergullarémonos nun mundo de plásticos, luces, sonoridade e movemento. As dúas protagonistas, unhas bailadeiras moi peculiares, vivirán unha aventura na que teñen que “crear cultura a partir da varredura”.

Comunícanse con pareados, móvense con pasos de ballet inventados por elas mesmas e axúdanse das luces para crear diferentes atmosferas ó longo do espectáculo, dando así ritmo e rima á obra.

LIXO está creado a partires de material plástico reciclado co que facer escenografías para o xogo, cando estes obxectos poderían ser simples desperdicios. A intencionalidade da obra é facernos ver dunha maneira divertida, os problemas que poden surxir debidos ó excesivo plástico que empregamos e ó mal uso que facemos del.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android