12:30
O Pozo das señoras

O Pozo das señoras

O POZO DAS SEÑORAS

É un feixe de historias de recollida, tradicionais e de autor xunto con coplas tradicionais, romances e composicións propias.

Con esta proposta queremos achegarnos ás mulleres do noso imaxinario, da nosa vida: lavandeiras da noite, lavandeiras de oficio e de sacrificio, pieiras que coidan dos lobos e bruxas cos dentes de ferro...

Cun marcado compoñente de xénero este espectáculo leva rodando dende 2017 por teatros, auditorios, casas da cultura, lavadoiros, fontes de todo o país.

E grazas a vós non paramos de recoller alegrías!
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android