12:30
Calista, a especialista

Calista, a especialista

Calista é especialista en moitas cousas: en desordenar o seu cuarto, en caerse no parque, en quitarlle a parte marrón aos plátanos maduros, en furgarse o nariz, en durmirse cada noite cun sorriso e espertar cada día cunha gargallada...

Pero, sobre todo, é especialista en contos. Gústanlle tanto, pero tantísimo os contos que hai tempo empezou a gardalos en caixas, para non esquecerse de ningún (Calista é especialista en esquecer cousas tamén...). Por iso gardaba todas as caixas que atopaba. Como os seus amigos e a súa familia sabíano, sempre buscaban unha caixa especial cando lle regalaban algo. Ás veces, regalábanlle só a caixa!

Calista conta contos que nos divirten, emociónannos e axúdannos a descubrir nosas propias especialidades. Todos e todas somos especialistas en moitas cousas que quizá nin sequera imaxinabamos.

Con Calista e os seus contos aprenderemos tamén a non ter medo á escuridade, a coidar o noso corpo e o noso corazón e liberarnos de malos hábitos de comportamento, a respectarnos e respectar aos e as que nos rodean...

E asegurámosvos algo: cada persoa que coñece a Calista e escóitaa, é un pouquiño máis feliz.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android