A mostra toma o pulso do presente para propoñer un percorrido por fitos e ideas innovadoras que xa están a marcar os roteiros do porvir da nosa comunidade en diferentes campos. Explora así un futuro desexado e posible, partindo do traballo que están a desenvolver a día de hoxe diferentes profesionais e grupos de vangarda.
"Galicia Futura. Todo ou que imos ser" profunda tamén no noso pasado para identificar comportamentos e procesos que constrúen o futuro, poñendo o acento nunha selección de pezas destacadas que representaron no seu momento un impulso decidido cara ao futuro en diversos ámbitos.
Mostrar o que se está facendo desde distintas áreas do coñecemento, facer visible como as conexións entre os diferentes campos do saber permítennos comprender a súa progresión, e buscar as claves e estratexias que están a configurar o porvir de Galicia son os obxectivos dunha mostra viva, que quere transcender as paredes da sala de exposicións e impulsar procesos creativos propios. Por iso, expóñense pezas artísticas creadas especificamente para este proxecto por destacados nomes das artes plásticas, as letras, o audiovisual, a ciencia, a escena, o deseño ou a música en Galicia, que contribúen á visión diversa e coral que tenta ofrecer a exposición.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar