18:30
Cinefórum sobre o dano cerebral adquirido | Espazo +60

Cinefórum sobre o dano cerebral adquirido | Espazo +60

Afundación, en colaboración con Dano Cerebral Galicia, organiza un cinefórum sobre o dano cerebral adquirido nos Espazos +60, durante o mes de outubro. O obxectivo é incrementar o coñecemento da sociedade galega, facendo especial énfase  nas persoas maiores de 65 anos, sobre o dano cerebral adquirido, e a prevención dos ictus.

A actividade consistirá na proxección da película "Háblame de ti" e despois terá lugar un coloquio, dinamizado pola traballadora social/educadora da asociación Dano Cerebral Galicia no que se tratará a realidade reflectida na película, os recursos de atención dispoñibles en Galicia para o apoio e atención das personas e familias con dano cerebral adquirido e recordatorio/explicación dos síntomas de alarma do ictus.


Actividade gratuita. Prazas limitadas. Apúntate no teu Espazo +60 ou cubrindo formulario: https://acortar.link/sNj4QK
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android