De Fantoches Baj
Co motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DA INFANCIA, O 18 DE NOVEMBRO 12 horas, Afundación convida ó público, a asistir ao espectáculo A viaxe feliz de Ramón Sanfiz, que está insertado no PROGRAMA CULTURA POR ALIMENTOS.
IMPORTANTE! O acceso a obra de teatro será mediante a doazón de alimentos infantís que irán destinados ao Banco de Alimentos local.
NARRACIÓN ORAL E MONICREQUES / + 3 anos / 50 MIN
Ramón Sanfiz, aventureiro e percusionista dunha orquestra de baile da mariña, disponse a percorrer un novo itinerario co seu triciclo.
No encontro co público, cóntalles a viaxe que realizou desde a súa vila natal ata San Andrés de Teixido fiando diferentes historias que aprendeu dos habitantes que atopou polo camiño.
Esta nova produción de Fantoches Baj está baseada en Galicia, o libro de crónica de viaxes de Francisco Fernández del Riego no que o autor trazou unha ducia de itinerarios singulares percorridos polo seu alter ego: Ramón Sanfiz.
Unha proposta onde a narración vai acompañada de música, monicreques, romances de cego e outras técnicas de teatro de rúa.
Reservar entradas de balde en Ataquilla.com
Fuente: https://vivalugo.es/evento/familiar-a-viaxe-feliz-de-ramon-sanfiz/
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar