21:00
Antes de que chegue a Besta

Antes de que chegue a Besta

Besta é a palabra crave da peza. A Besta política e económica, a Besta social, o que deixou a Besta nos nosos corpos, a miña propia Besta. A mirada sitúase no contexto socio-político actual, hoxe. Como está construído o sistema, como nos afecta, como nos relacionamos con el, como podemos evidenciar á Besta, como podemos destruír a evidencia.

Antes de que chegue a besta uno dos últimos traballos de ENSALLE con dirección e texto de Pedro Fresneda, enmárcase no contexto Canchales. Unha iniciativa de investigación escénica promovida pola compañía desde 2016, na cal, convidan a creadores da escena contemporánea a participar dos seus procesos de creación.
Para este novo traballo, contouse coa colaboración artística de Terrorismo de autor (colectivo audiovisual), Antoine Forgeron (iluminador, Dir. Técnico) e Sergi Fäustino (bailarín, creador) no proceso de creación. E co apoio do AGADIC, Xunta de Galicia na produción.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android