21:00
Soga e cinsa

Soga e cinsa

SOGA E CINSA, tríptico renacentista para 11 bruxas en 101 minutos, aborda a Caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII co obxecto de visibilizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista.

Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as pócimas principais deste conxuro teatral. Unha sucesión de paisaxes espectrais e inesperadas irrompen a escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida, nunha peregrinaxe de sombras espectrais que procura as luces da xustiza e do recoñecemento.

Elenco artístico:

Nerea Brey, Melania Cruz, María Roja, Nuria Sotelo, María Salgueiro, María Tasende e Marta Pérez.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android