21:00
O meu mundo non é deste reino

O meu mundo non é deste reino

Un par de traperos chegan a unha parada no seu camiño despois de días de longa viaxe cara á Feira do Vento. Traen consigo unha carga enorme de todo tipo de obxectos estraños: cortinas rimbombantes, paus de todos os tamaños, bolsas das que despuntan teas dunha chea de tecidos e cores distintos, e algo que parece ser unha enorme e aparatosa mochila de madeira.

Asombrados ante a abundancia de público, dispóñense a situar as súas pertenzas no espazo con ánimo de venderlle algunha aos alí reunidos. Como os máis experimentados vendedores de fume, deixan o seu ben máis atesourado para o final; un tutilimundi que contén nos seus interiores ao condenado reino de Bululú e os seus habitantes. E así, dáse comezo a farsa.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android