Os concertos do Sorrías Baixas arrincarán o xoves 4 nunha xornada protagonizada polos ritmos urbanos e pola aposta de programar artistas novos con carreiras emerxentes. As persoas asistentes poderán gozar do magnetismo único e pop urbano de Rels B, que conta con decenas de millóns de seguidores en todo o mundo; do inconfundible son da promesa do rap arxentino Sofía Gabanna; da rapera valenciana JazzWoman, sempre disposta a abordar nas súas letras temas como a denuncia social ou o empoderamento feminino; do ?future latin? de Maurino; e da enerxía de Cool Meniñas, preparadas para ofrecer a festa perfecta.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar