Yllana naceu en 1991 como compañía de teatro de humor xestual, aínda que ao longo da súa traxectoria diversificou a súa actividade, ofrecendo distintas propostas no mundo das artes escénicas e do audiovisual. Dende o seu nacemento, produciron máis de vinte montaxes, entre as que se poden destacar ¡Muu! (1991), Glub, Glub (1994), Hipo (1999), Rock and Clown (2000) ou Musicall (2000).
Dende ese 1991, Yllana visitou máis de trinta países, realizou máis de dúas mil representacións e nesas funcións congregou preto de millón e medio de espectadores e espectadoras. Durante a súa carreira, a compañía recibiu galardóns como o Outstanding Unique Theatrical Event pola obra 666 no Fringe Festival de Nova York, ou o premio ao Mellor espectáculo estranxeiro en 1993 do Festival Printemps des Courges de Toulouse (Francia).
GREENPISS, unha divertidísima sátira sobre a ecoloxía e o futuro da humanidade.
Un desenfreo ECO-ILÓXICO.
O quecemento global, o uso abusivo dos plásticos, o exterminio de miles de especies animais, o consumismo desenfreado e a posible desaparición da nosa propia especie, son algúns dos temas que abordará Yllana, co seu particular e corrosivo humor.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar