O venres 5 o Sorrías Baixas continuará co seu habitual espírito festivo, cheo de potencia e enerxía, coas actuacións de Kase.Ou, que regresa a Bueu na xira do 10º aniversario de JazzMagnetism, tras esgotar as entradas do ano pasado; Rayden, coñecido pola súa lírica e habilidade para fusionar xéneros musicais sempre definido polo selo orixinal: o rap; Ciudad Xara, que presentará o seu novo disco Cinema, nun potente e ecléctico directo; Buhos, o grupo festivo de referencia en Cataluña e no Estado na actualidade; Bala, auténticas referentes da escena do rock/metal alternativo; Emlan, co seu novo e sorprendente show de rock e pop; e García Mc & Nación Quilombo, que propoñerá unha viaxe estimulante polas dez illas da súa Arquipélago Quilombo.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar