19:30
O Foro fundacional de Baiona

O Foro fundacional de Baiona

O 7 deste mes de maio, Baiona conmemora a súa fundación mediante concesión dun foro por parte do rei Afonso IX en 1201. Mesmo que o documento orixinal está perdido, coñécese por copias realizadas, sendo a realizada a mediados do século XIX por F. Ávila y la Cueva un traballo cotexado co orixinal, que actualmente se atopa na biblioteca da Academia da Historia. Co gallo de tan sinalado feito, este mes a Casa da Navegación dedica a Peza do Mes a este documento fundacional, coa celebración o vindeiro sábado 7, ás 19:30 horas, no auditorio da Casa da Navegación dunha presentación do contido do foro e da súa importancia para o desenvolvemento da Vila.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android