18:00
A historia de Brancaflor- Fran Rei

A historia de Brancaflor- Fran Rei

As mellores historias son sempre as que están sen escribir, sen ler, sen contar. Aquelas en as que aínda está por crear o final, o inicio, a trama, os personaxes... Pero, sobre todo, as mellores historias son as que poden saír da imaxinación dos nenos e nenas. Nesta montaxe ese é o punto de vista co que nos achegamos á lenda de Brancaflor, a filla do Diaño, a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa antoloxía Contos marabillosos.

Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Blancaflor e Xan, á que se opón o malvado pai da moza. Con Fran Rei como protagonista, A historia de Brancaflor é o primeiro espectáculo unipersoal de Vos Sete Magníficos Máis Un. Ademais, trátase da primeira incursión da compañía na arte das e os contacontos. Baixo a dirección do Premio María Casares Avelino González, nesta obra a narración vén acompañada con xogos de maxia, que reforzan a comprensión do conto e, sobre todo, fan máis atractivo o espectáculo, animando á lectura dunha maneira diferente.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android