19:00
Arrolos con Mamá Cabra

Arrolos con Mamá Cabra

Gloria Mosquera e Diego Maceiras interpretan e ensinan ás familias participantes neste pequeno obradoiro de arrolos cos que adormecer, aleitar, …e gozar da música nos primeiros días e meses de vida. Desde o seu nacemento o grupo Mamá Cabra marcouse como obxectivo cantar, bailar e transmitir o gusto pola música ás e ós máis pequenos e este obxectivo comeza nas voces das súas familias coas que comparten estas cancións para arrolar en galego.

É este un formato pensado para participar en familia e aprender os temas cos que arrolar, polo que ten un límite de aforo de 15 familias por pase e precisa un espacio con público cercano
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android