11:00
Holi  Gaiás 2022

Holi Gaiás 2022

O sábado 4 de xuño ás 11.00 horas a Cidade da Cultura volve acoller unha nova edición da Holi Gaiás, unha carreira lúdica, de carácter familiar e festivo na que, ademais das ganas de facer unha actividade deportiva, tamén fai falta vir con ánimo de pasalo ben ao ritmo da música e con alegría para envolverse nos pos de cores.

Patrocinada por Viaqua e coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, a Holi Gaiás trae á Cidade da Cultura o seu espírito festivo e nada competitivo, no que o importante non é gañar, senón celebrar as últimas semanas dunha estación como a primavera cunha explosión de música e de cores, inspirada no festival Holi da India.

A proba, que consta de 5 quilómetros aproximadamente nas inmediacións da Cidade da Cultura, conta con dúas categorías, a infantil e a de persoas adultas. Para os que van facer marcas, tamén haberá premios para as persoas mellor clasificadas.

Máis información en: bit.ly/HoliGaias22
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android