21:00
Atardecer no Gaiás 2023: Lontreira

Atardecer no Gaiás 2023: Lontreira

LONTREIRA é o nome dunha praia da Illa de Arousa, pero tamén somos nós. 

Coñecémonos en Churruca, Vigo, e coa diversidade musical das súas rúas, descubrimos un interes común: Expresar a través de sons. Cando o noso tema ?Corazón de toxo? resultou gañador da Canción do verán, a motivación empuxounos a crear APNEA, o noso primeiro álbum. Apnea nace cuns irmáns maiores moito máis electrónicos que non quixemos esquecer e seguimos levando connosco. Máis despois de ver que o noso interese común era expresar desde a raíz de todo, a natureza, Apnea volveuse un conxunto de sons e culturas do mundo.

Unha mestura de efectos visuais e sonoros manteñen a vista de calquiera pegada ao escenario, pois tres únicas persoas conseguen reflectir no directo todo e máis do que se pode ter escoitado previamente en Apnea.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android