01:00 hasta las 00:59
Outras historias posibles

Outras historias posibles

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
/*Outras historias posibles*/ reúne o traballo de seis artistas contemporáneas nadas na década dos 50 e vinculadas a Galicia nos seus camiños vitais e profesionais, cuxas traxectorias merece a pena revisar e c...

Outras historias posibles reúne o traballo de seis artistas contemporáneas nadas na década dos 50 e vinculadas a Galicia nos seus camiños vitais e profesionais, cuxas traxectorias merece a pena revisar e contextualizar para, como expresa o título do proxecto, xerar outras historias que completen as xa coñecidas. A mostra, comisariada pola investigadora e crítica de arte Susana Cendán, pon o foco en Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré, todas elas artistas que por méritos propios de dedicación e talento, despuntaron especialmente na década dos anos 80 do pasado século.
A mostra, preséntase, neste sentido, como unha guía que complementa o xa coñecido dentro do armazón social e artístico dos anos 80 do pasado século XX, un contexto non sempre favorable á creación artística protagonizada por mulleres. Pero máis aló do aspecto reivindicativo, Outras historias posibles pretende festexar, mostrar e compartir o talento dun grupo de artistas capaces de crear unha obra persoal, complexa e diversa, tanto formal como conceptualmente, e situala no lugar que lle corresponde dentro da historia da arte contemporánea.

Fuente: https://www.cultura.gal/gl/evento/111488/2/141881
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android