Cidade da Cultura de Galicia | Museo Centro Gaiás
Monte Gaiás s/n - Santiago de Compostela Ver web
A exposición internacional *Unha vida viquinga* é un dos proxectos máis destacados da programación da Cidade da Cultura para 2024. Comprende arredor de 120 pezas, das que un centenar proceden de fóra de España ...
A exposición internacional Unha vida viquinga é un dos proxectos máis destacados da programación da Cidade da Cultura para 2024. Comprende arredor de 120 pezas, das que un centenar proceden de fóra de España e pertencen a museos de historia e arqueoloxía de referencia en Europa arredor da cultura viquinga, entre eles catro museos nacionais e unha biblioteca nacional. Está comisariada pola doutora en Estudos Escandinavos pola Universidade de Aberdeen, investigadora e especialista na Idade Viquinga, Irene García Losquiño.
A través dunha gran diversidade e obxectos históricos e arqueolóxicos, a exposición afonda na cultura nórdica durante a Idade Viquinga (da segunda metade do s.VIII á segunda metade do s.XI) máis alá dos preconceptos e estereotipos da cultura popular sobre esta civilización, amosando por exemplo a participación das mulleres nas camapañas guerreiras e de exploración, ou poñendo a ollada na cultura viquinga máis alá de Escandinavia, na súa interacción con outros pobos e terras, tanto en intercambios violentos e conquistas, pero tamén a través de asentamentos ou do establecemento de relacións comerciais.
O relato da mostra estrutúrase arredor da vida dunha persoa na Idade Viquinga: desde o seu nacemento, infancia, xuventude e madurez, ata despois da súa morte, permitindo coñecer esta civilización desde unha perspectiva variada e moi humana, nun enfoque innovador que combina eventos de diferentes décadas e séculos dentro do límite temporal de “unha vida”.
Fuente: https://www.cultura.gal/gl/evento/109443/2/142866
Monte Gaiás s/n - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar