21:00
Atardecer no Gaiás 2023: MariaGrep

Atardecer no Gaiás 2023: MariaGrep

Mariagrep é o proxecto solista da cantante e compositora galega de 24 anos, María Gallego. A artista comezou a súa carreira en 2018 a través de Youtube pero lanzouse como profesional hai apenas un ano coa saída do seu álbum debut Se un día, unha obra marcada por unha estética vaporwave e r&b. Actualmente atópase presentando un novo EP baixo o nome de Detox.

A diferenza do seu antecesor, o recente lanzamento configúrase como un cancioneiro que, a diferenza do seu debut marcado por unha estética de melancolía pop, déixase levar por camiños máis identificados co indie dance, o pop punk e unha reivindicación do son MTV de finais dos 90 e principios dos 2000.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android