11:00 hasta las 20:00
Maker Faire Galicia 2022

Maker Faire Galicia 2022

A Cidade da Cultura volve ser o lugar elixido para albergar unha nova edición da Maker Faire Galicia, o evento de referencia do «movemento maker», que pula pola innovación a nivel educativo, empresarial e social. Na súa 8ª edición a Maker Faire regresa ao Museo Gaiás do 1 ao 5 de xuño en formato híbrido, tras dúas edicións celebradas de xeito integramente online. Deste modo a organización aposta con forza por un encontro físico, cun programa que promete ser o máis completo das súas oito edicións. 

A comunidade Maker poderá gozar de cinco xornadas nas que participarán preto de 200 makers e nas que se darán a coñecer máis de 60 proxectos e 40 obradoiros que combinan a presencialidade co formato en liña. Nesta edición o foco sitúase no desenvolvemento sostible e no benestar social, cunha programación na que destacan as intervencións de relatores de referencia a nivel nacional e internacional nos ámbitos das startups, a educación STEAM, a saúde mental, a inclusión ou a innovación social.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android