16:00 hasta las 19:30
Serán’03. III Encontro Galego de Cultura Popular - Baile e música tradicional: pandeireteiras

Serán’03. III Encontro Galego de Cultura Popular - Baile e música tradicional: pandeireteiras

A foliada regresa á Cidade da Cultura co Serán’03! Entre o 10 e o 12 de xuño, o III Encontro Galego de Cultura Popular encherá o Gaiás de baile e música cunhas protagonistas de excepción: as pandeireteiras. Hoxe en día é imposible entender a música galega sen a figura das pandeireteiras e o Serán’03 congregará a un milleiro de artistas e intérpretes arredor dun dos instrumentos fundamentais do noso folclore.

Novamente con Quique Peón como director artístico, o Serán’03 convídate a tres días para a festa, para tocar e bailar, para reencontrarnos, celebrar a nosa cultura e amosar a todo tipo de público a creatividade e riqueza da nosa música e do noso baile:

Festival folclórico con 8 destacados grupos de música e danza tradicional: A Ponte Vella, Donaire, Rebulir, Etnográfico das Mariñas, Trébede, Alxibeira, Ultreia.

Masterclasses profesionais de percusión e técnica vocal [PRAZAS LIMITADAS! Selecciona a que máis che interese na columna da dereita para reservar praza].

Gran foliadón con gaiteiros, pandeireteiras e artistas como Fransy e Davide, Faltriqueira, Óscar Ibáñez ou Livia Giaffreda.

Festival Portas do Camiño, con pandeireteiras de diferentes zonas da Península polas que pasan as rutas xacobeas: Galicia, Portugal, Asturias, León...

Concerto de Coros históricos, con Cantigas e Agarimos e Cántigas da Terra.

Obradoiro familiar de serigrafía e estampaxe sobre tea.

Desfile de traxe tradicional: Da vila e da aldea, a cargo da Asociación Etnográfica Sete Espadelas.

Concerto especial para a cativada con Cé Orquestra Pantasma.

Espazo de feira con expositores vencellados á cultura popular: artesáns do tecido, da confección, do calzado, da ourivería, de instrumentos tradicionais, asociacións e federacións, organización de festivais... etc.

Foliadiñas para cantar, tocar e bailar, nas que a cativada é a gran protagonista.

Conferencias e mesa redonda.

Exposición Mantóns rameados, de panos antigos.
PROGRAMA: https://www.cidadedacultura.gal/gl/system/files/downloads/2022/05/seran03_pandeireteiras_programadixital.pdf
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android