20:30
Iria Estévez: Camiños do fado

Iria Estévez: Camiños do fado

Iria Estévez é unha cantante galega con amplo percorrido. De formación vocal principalmente autodidacta, posúe estudos de Master en Artes Escénicas e Maxisterio e formouse en danza (especializándose en Danzas orientais) cos mellores mestres, desde temperá idade.

No ano 2010 subíase por primeira vez a un escenario para cantar , liderando o proxecto Crave de Fado (xunto a Pepe Piña e Gonzo Piña).

O estilo persoal e a voz versátil de Iria, chamaron a atención de público e profesionais da música, polo que conseguiu abrirse un oco rapidamente no panorama musical de Galicia.

O proxecto foi presentado en radio e Tv, no norte da península e Portugal, chegando a participar no Festival Internacional Interfado, de Cataluña xunto a Paco Dicenta, Isaac Garabatos, Gonzo e Marco Mendoza..

No ano 2016 deseña e desenvolve o seguinte gran proxecto: ARIFI. O grupo (formado nun principio por Vadim Yucknievic, Gonzo, Toni e Marco Mendoza), alcanza o éxito rapidamente, chegando a ser os gañadores do certame internacional "BURGOS, RAÍZ E EVOLUCIÓN" no ano 2017.

Iria ao longo destes anos levou a súa voz a escenarios de toda a xeografía peninsular (Auditorio Espaço Vita, Teatre Xirona, Centro Niemeyer Asturias, Barakaldo Antxokia, Teatro Jofre, Sala Clavicembalo, Teatro A Estación Zaragoza, Casa Maty Conca, Tabanco Jerez de la Frontera, Auditorio de Braga, Festival Castro Galaico Braga, Festival de fado Converxente, e un longo etc) E cantou con artistas como Uxía Senlle ou Sebastiao Antúnes, Alejandro Vargas, Marcos Teira, sergio Tannus, Noelia Álvarez, Ramil, as fadistas Liliana Macedo e Adriana Moreira, Artura caldeira e A banda dá Loba (entre otr@s grandes artistas)

Actualmente está a presentar o seu directo Atlántica, no que fai un percorrido polas músicas Atlánticas, ao encontro da inclusión e unión entre as diferentes músicas que se bañan nestas costas e que tantos xéneros e estilos guiaron ou inspiraron.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android