A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes. palabras como “ganapán”, “vagalume” ou “verme”. As palabras fuxiron da historia, borradas por falta de uso. Só utilizándoas de novo volverán ao conto. “As palabras perdidas” é un espectáculo de teatro versátil que se adapta a un espazo interior ou exterior. Unha proposta que anima a falar galego dun xeito divertido, dinámico e moderno e que pon en valor o idioma, os ditos e as historias de Galicia. As familias asistentes aprenderán a nomear en galego conceptos sinxelos como os números, as cores e os hábitos cotiás. Con todo, tamén coñecerán palabras que se atopan máis agochadas.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar