20:30
Marta Alonso Tejada: Sofá

Marta Alonso Tejada: Sofá

A traxectoria como creadora e intérprete de Marta Alonso Tejada (Ourense, 1983) é multidisciplinar e hiperactiva. 
A súa actividade artística traza desde o inicio unha ida e unha volta constante cara á danza e ao movemento que no percurso se achega ao teatro físico e ao circo.

A danza, o humor, a interación co público e a cercanía xeran nas súas creacións unha atmosfera particular do cotiá, do natural, do común e do esperanzador que se comparte na escena.

Na actualidade vén de estrear a peza BAILAR AGORA (Outubro, 2020), unha coprodución de Marta Alonso Tejada, trasPediante e o Centro Coreográfico Galego, Agadic - Xunta de Galicia.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android