Sabela e Xacobe atópanse nun muíño de auga por un malentendido coas quendas. Ao ver que os dous non poden moer ao mesmo tempo comeza unha discusión na que o xogo, as lendas, a tradición e a música farán que as pequenas e pequenos, e os que non o son tanto se acheguen a un edificio que foi fundamental para a historia de Galicia. Muiñada é unha viaxe ao pasado para as nenas/vos de hoxe que serve para coñecer de onde vimos e para non deixar morrer a memoria das nosas avoas e avós. Múiñada é tradición, é festa, é música e, sobre todo, teatro para toda a familia. Recomendado a partir de 3 anos Lugar: na escalinata do Pazo provincial da Deputación en Pontevedra. Poderase gozar do espectáculo de maneira presencial e por streaming. Se por motivos climatolóxicos non se puidese realizar no exterior trasladarase ao interior do Pazo provincial, no salón de plenos.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar