21:00
Give it a spin

Give it a spin

Give it a spin é a nova proposta de Pisando Ovos para espazos non convencionais no que música e movemento, desde os seus estados máis puros, se encontran a través do diálogo entre un DJ e unha bailarina.

Unha conversa baseada no "darlle unha volta", no xiro continuo, na repetición e transformación do movemento e do son. Un encontro onde os corpos se soportan e resisten baixo a forma dun abrazo continuo.

Para a ocasión contamos coa colaboración especial do DJ Jas Processor.

Give it a spin é un espectáculo de danza de 25 minutos + 35 min de sesión de DJ: 60 minutos

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android