20:30
Go On!

Go On!

Despois da chegada do home á lúa a humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia. No ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso), dous intrépidos exploradores tiveron o valor de penetrarse nas descoñecidas terras galaicas a través do roteiro xacobeo.
GO ON!? recompila esta experiencia límite que deixa aos de Ao fío do imposible como simples boyscouts.

GO ON! é unha emocionante novela de aventuras na que os seus protagonistas viven situacións extremas como o terrible ataque do desapiadado "can de palleiro" ou a entrevista a un porco no corredor da morte.

GO ON! é un completo folleto turístico que servirá para que outros ousados viaxeiros saiban como conseguir alimento nas festas gastronómicas ou como cantarlle unha saeta á Santa Compaña.

GO ON! é un manual de supervivencia imprescindible para saber como sobrevivir tres días nunha vila en festas ou como viaxar nun tren galego a velocidade negativa cheo de galegos cantando cancións populares.

GO ON! é unha guía de primeiros auxilios con recomendacións necesarias como que facer despois de ser salvajemente agredido por un "toxo" ou que facer despois de limparse o cu con ortigas.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android