12:00
A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento.

Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…

Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña que quería saber, ferida no seu orgullo.

Nenas e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, sen embargo, non sempre aparece en escena.

Con esta obra foméntase a curiosidade, así como o coñecemento e respecto cara os animais. Todo dunha maneira cómica e moi divertida. Estimúlase a intelixencia emocional, e o recoñecemento das diferencias, nun ambiente de expectación e misterio, capaz de encandear aos espectadores.

Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas. Fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo. Nenas e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma. Aparecen valores como a valentía, o respecto ou a cooperación.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android