Euforia, volta a ilusión é un espectáculo que necesitamos máis que nunca para recuperar a ilusión que perdemos a medida que avanzaba a pandemia. Ao longo de 90 minutos, o ilusionista Dani Polo presentará unha serie dos seus mellores números de maxia, grandes efectos e ilusións, onde as persoas aparecen, desaparecen, levitan ou mesmo se teletransportan.
Unha proposta única para deixarse levar polo mundo da ilusión e a maxia máis espectacular.
Dani Polo dirixe diferentes proxectos máxicos e forma parte da produción de dous festivais de maxia incribles, en Ames e Melide. Estes espectáculos levan a arte de grandes meigos a toda a poboación. Tamén presentou diferentes galas e certames e colaborado en diferentes programas de radio e televisión, destacando o programa Pura Maxia de Televisión Española, no cal chegou ata a final.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar