22:00 hasta las 23:00
The Cries of London | Concerto homenaxe a José Vázquez (1951-2021)

The Cries of London | Concerto homenaxe a José Vázquez (1951-2021)

The Cries of London | Concerto homenaxe a José Vázquez (1951-2021)
Cancións, Fantasías e Danzas do Renacemento Inglés

Capela de Santa María, Lugo 4 de Xullo de 2022 as 22:00h

If Women Could be Fair // William Byrd (1543-1623)
Come woeful Orpheus
I thought that Love had been a boy
Fantasía a 4 (I)
Out of the Orient Crystal skies
Lord in thy wrath
My mind to me a kingdom is
In Nomine a 4
Ye sacred Muses
Paduan - Courante - Almand - Volta // John Dowland (1563 - 1626)
Flow my Tears
The Cries of London // Thomas Weelkes (1576 - 1623)

CAPELA COMPOSTELANA

Raquel Mendes, soprano

Sara Ruiz, viola da gamba tenor
Mª Alejandra Saturno, viola da gamba baixo
Xurxo Varela, viola da gamba baixo e soprano
Francisco Luengo, viola da gamba soprano e dirección
Raquel Mendes, soprano

___________________________

Homenaxe a José Vázquez

Hai agora catorce anos, José Vázquez, violagambista y mestre de moitos
violagambistas, acudiu a Lugo para expor a súa colección, única no mundo, de
instrumentos musicais de corda dos séculos XVI até o XVIII, principalmente
violas de arco da gamba. Xunto á exposición, honrando o nome dado ao seu
caracter itinerante, The Living Museum, o Orpheon Consort, dirixido polo propio
José Vázquez, interpretou varios concertos cos mesmos instrumentos que
foran expostos.

Organizado este conxunto de eventos pola Excelentísima Deputación de
Lugo, foi aquela unha das poucas ocasións en que se puido desfrutar na
Península Ibérica desta particular maneira de concibir o pracer da música
antiga. Hoxe, como homenaxe a José Vázquez, falecido prematuramente no
ano 2021 no medio da pandemia, queremos, modestamente, repetir aqueles
momentos cun concerto de Capela Compostelana interpretando Consort Songs
do período isabelino. A formación será similar a aquela do ano 2008: consort
de violas da gamba e voz (soprano). Complementarémolo con unha exposición
de violas de arco da gamba e unha conferencia sobre o desenvolvemento e a
historia das violas da gamba. O concerto “The Cries of London” terá lugar na
Capela de Santa María o 4 de Xuño as 20h. A exposición comezará o día 1 de
Xuño no CENTRAD Centro de Artesanía en Diseño da Diputación de Lugo.
José Vázquez naceu na Havana, Cuba, en 1951. Comezou a estudar
viola da gamba no “Collegium Musicum” de Chicago baixo a dirección de
Howard Meyer Brown e continuou os seus estudos, xa formalmente, con
Hannelore Müller na “Schola Cantorum Basiliensis” (Suíza), ao mesmo tempo
que aprendía violín barroco con Jaap Schroeder.

Foi profesor de interpretación no conservatorio de Winterthur, Suíza. En
1982 entrou, en calidade de profesor de viola da gamba, na Hochschule de
Viena.

Desenvolveu unha intensísima actividade como intérprete de viola da
gamba e director no Orpheon Consort.

Foron moitos os alumnos que José Vázquez tivo en todo o mundo. Xunto
ao seu amor pola música e a arte do pasado, demostraba unha grande paixón
polo ensino e por compartir os seus coñecementos en todo momento. Non era
estraño ver os seus instrumentos emprestados xenerosamente a aqueles
alumnos que non dispuñan dun instrumento axeitado, ou asistir a unha aula
sobre tonalidades e afectos durante unha cea nun restaurante ou na súa propia
casa.

Vallan estes “Gritos de Londres” como homenaxe e lembranza deste
grande músico e mestre de músicos.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android