Concerto de Nihil Novum na Capela de Sta María
NIHIL NOVUM
FORMADO EN LUGO NO ANO 2018, ESTE GRUPO DEDICADO Á MÚSICA ANTIGA TEN COMO OBXECTIVO PRIMORDIAL DAR A COÑECER A INMENSA RIQUEZA DA MÚSICA MEDIEVAL E RENACENTISTA, NAS QUE SE ENMARCAN AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA E DE TROBADORES GALAICO-PORTUGUESES, A MÚSICA CORTESÁ E A DE RAÍZ POPULAR, ASÍ COMO AS CANCIÓNS TRADICIONAIS SEFARDÍES.
EN CADA UNHA DAS SÚAS INTERPRETACIÓNS, NIHIL NOVUM EXPLORA AS POSIBILIDADES DESTAS COMPOSICIÓNS PARA TRANSMITIR A SÚA BELEZA AO PÚBLICO ACTUAL, ADAPTANDO VOCES E INSTRUMENTOS PARA OS SEUS RECITAIS, PERO MANTENDO A FIDELIDADE ÁS FONTES DE TEXTOS E MELODÍAS.
FICHA TÉCNICA NIHIL NOVUM -MÚSICA ANTIGA-
–ALMA SELENE (Soprano na voz solista).
–TXUSO JUARISTI (Guitarras, Laude renacentista e coros).
–XOSÉ MARÍA GRANDÍO (Violas Medievais, Órgano Portativo e Coros).
REPERTORIO INCLUÍDO NOS SEUS CONCERTOS:
-CANTIGAS A SANTA MARÍA.
-CANCIONEIRO HISPANO-SEFARDÍ.
-CANCIONEIRO DE PALACIO.
-CANTIGAS DE AMIGO DE MARTÍN CODAX…
Fuente: https://vivalugo.es/evento/concerto-de-nihil-novum-na-capela-de-sta-maria/
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar