10:30 hasta las 20:00
EXPOSICIÓN | Mundo Karmiko Lugildiano de José María Lugilde

EXPOSICIÓN | Mundo Karmiko Lugildiano de José María Lugilde

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
EXPOSICIÓN | Mundo Karmiko Lugildiano de José María Lugilde

A Capela de Santa María de Lugo acolle a exposición “Mundo Kármiko Lugildiano Exhibicion” do pintor lucense José María Lugilde Pena, que reúne medio cento de obras – pinturas e pinto-esculturas - representativas da súa traxectoria artística: da figuración  ata a abstracción, pasando polo surrealismo.

A mostra configúrase arredor de reflexións sobre o paso do tempo ou a inspiración, a creatividade e a arte que esboza nos paneis que contextualizan a mostra e que compartiu durante a súa intervención na inauguración, na que valorou especialmente expoñer na cidade en que naceu -e mesmo a escasos metros da escola de artes da Fundación Bolaño Rivadeneira na que se formou- e na que se reafirmou como un “artista plástico multidisciplinar, autodidacta e vocacional” que “sinte a necesidade de buscar vieiros que vou atopando, aínda que nunca estarei conforme”.

Esa evolución levouno a crear pinturas abstractas nas que integra pequenas estruturas que complementan a obra mantendo un equilibrio harmónico para integrar a mensaxe que pretende expresar, unha técnica mixta que define como “kousismo” e na que di atopar unha “liberdade real” desde o punto de vista creativo.

A exposición permanecerá na Capela de Santa María ata o 8 de decembro,
de luns a venres, sábados, domingos e festivos, de 10.30 a 14.00 horas e
de 17.00 a 20.00 horas, con entrada libre e gratuíta.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android