20:00
CONCERTO | Milesios (Capela de Santa María)

CONCERTO | Milesios (Capela de Santa María)

O grupo de música folk Milesios actúa o venres 29 na Capela de Santa María ás 20.00 horas.

A banda, que se caracteriza por explorar coa súa música a relación entre a cultura galega e irlandesa con pezas que beben de ambas tradicións e outras de composición propia, interpretará un repertorio con temas dos seus dous traballos publicados, alen mar e indoevindo, e tamén pezas inéditas, que se incluirán no seu próximo traballo, un proxecto en camiño co que celebrarán máis dunha década na música.

O concerto é parte da programación musical prevista para a dinamización da exposición sobre gaitas de fol da Península, coordinada por Pablo Carpintero e Rosa Sánchez, que pode verse ata o 4 de xaneiro no Centro de Artesanía e Deseño.

Milesios
Milesios nace a comezos do verán de 2009. Un grupo de amigos reúnense para poñer a nota tradicional no Penela Rock, unha cita anual da comarca monfortina. Úneos o seu interese pola música tradicional galega e irlandesa.

Desde esa data actuaron en numerosos festivais: Rabafolc 2010, Festival celta máis pequeno do mundo, San Froilán 2011, 2013, 2015 e 2017, Noite Celta de Porcía 2012, Pardiñas 2012, Festival 27373 2014, Festival da Chaira 2013 e 2018, Sons da Celtibéria 2017, compartindo escenario con grupos como Berrogüetto, Capercaillie, Coetus, Kepa Junquera, Pepe Vaamonde Grupo, Quempallou ou Tiruleque. Tamén tocaron en locais de música en directo, como A Repichoca de Coruña, Marrucho de Baiona ou Clavicémbalo de Lugo. En 2011 foron un dos 10 finalistas do Proxecto Runas do Festival de Ortigueira. En 2015, foron premiados no III Certamen “Folk en la Sierra – FIS 2012”, ex aequo con BOC, de Baleares, e Menaya de Soria.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android