19:30
XIRA BEO BEO XACOBEO

XIRA BEO BEO XACOBEO

Beo beo, o Xacobeo, porque é un milagre ter dous xacobeos… Con este lema o grupo musical De Vacas presenta nova xira, reclamando máis anos xacobeos e establecer así un nexo de unión eterno co próximo Xacobeo 2023. Porque un gran fito merece unha conmemoriación excepcional, sen fin, coma aqueles veráns da adolescencia, ou o sabor do primeiro bico con lingua. As súas músicas celestiais son un refuxio para aliviar o cansazo de milleiros de peregrinos que chegan á nosa terra diariamente. Seguen reivindicando a lingua propia e o labor dos poetas e bardos máis senlleiros do país, sen olvidar os grandes temazos para facervos bailar e gozar, de Roncesvalles a Fisterra, local e internacional, rural ou cosmopolita. Queren espallar o xúbilo desta festa máis aló do espazo-tempo, onde as contraten, desde o Cebreiro ao resto do universo. E se vos poñedes a tiro, peregrinarán aos vosos corazóns tamén, nesta xira extraordinaria e única, de repercusión mundial.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android