19:30
Xabón Lagarta

Xabón Lagarta

Malia os difíciles tempos para a música por mor da pandemia, A banda da Loba seguiu a ser unha das bandas que máis tocaron en Galicia nos dous últimos anos. Por esta razón, este ano presentan novo disco e novo espectáculo: "Xabón Lagarta", inspirado no universo vital das lavandeiras e neses espazos de liberdade, confidencias e insubmisión que eran os lavadoiros. O pasado e o presente. As experiencias e as conquistas herdadas. O berro confiado porque antes outras berraron por nós. A busca do noso lugar nesta gran espiral que é a vida. Tirando do fío para traelo á actualidade desde un punto de vista moderno e contemporáneo, cun espectáculo moi coidado a nivel escénico.

Xabón Lagarta é un convite,

unha conversa na que poder expresar as nosas preocupacións máis fondas,

as inquedanzas máis secretas,

os desexos máis prohibidos.

Xabón Lagarta é un lavadoiro no que acubillarnos,

no que permitirnos ser.

Un espazo de diálogo no que cuestionar o establecido

e dende o que rebelarnos, insubmisas,

contra o perverso dun sistema que, sabéndonos imprescindibles, nos nega dende a raíz.

Xabón Lagarta é unha tribo, unha manda,

un tempo para sermos xuntas

afastadas das imposicións, as sobrecargas e as múltiples violencias que o sistema coloca como

lousas sobre as nosas cabezas.

Xabón Lagarta é o soño destas lobas que,

cunha orella posta nos ecos do pasado,

nas historias das mulleres, invisibles, silenciadas,

ollan cara ao futuro.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android