..."Cando lle preguntaron na escola cantos irmáns eran ela dixo que cinco irmáns, dous alborotos e un geranio''
O resto da historia soubena despois pola súa sobriña, que deu permiso xunto coa familia para falar de O Señorito, que foi o nome que lle deron ao geranio...
*Arrolando as frores'' é unha nova sesión de narración oral e música para público adulto da man e voz de Vero Rilo e Sonsoles Penadique.
Falaremos do aborto, cantaremos a Marica Campo, revisaremos os contos colorados, namoraremos das flores e transplantaremos a alegría.
Amor, dor, humor, música e mulleres das nosas vidas.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar