20:00
Facendo o indio

Facendo o indio

Elenco: Jonatan García, Rubén Mira

Este espectáculo conta os costumes ancestrais, a forma de vida dos indios americanos e os coñecementos adquiridos tras xeneracións, desde a visión de:

“TODO O QUE NON DEBERÍAS DE FACER, SE ERES UN INDIO AMERICANO….”

Un repaso á cultura das tribus de indios americanos, na que a nosa tribu dos “pesgrandes”, intenta non extinguirse e loitar contra o seu peor inimigo: eles mesmos!

Un espectáculo de rúa e interior, no cal, os nosos protagonistas, coa axuda do público, veránse realizando accións cotiás, da maneira máis inverosímil… o que nos levará a loucas e divertidas situacións cheas de risos, accidentes e moi malas decisións.

Galitoon recupera con “Facendo o Indio”, a súa particular visión do teatro de humor xestual, con esta divertida proposta chea de música, situacións absurdas, interacción directa co público, e por suposto, o seu característico selo dos monicreques e distintos performances nas propostas de teatro familiar.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android