20:00
Voa, voa!

Voa, voa!

Talía teatro presenta un espectáculo deseñado especialmente para público infantil pero para desfrutar en familia, para divulgar e relembrar a arte de xogar.

Trátase dun espectáculo no que ser proporá recuperar ditos, retrousos, xogos de man,...toda unha relación de ditos populares centrados nestas pequenas rimas que perduraron xeración tras xeración e que se foron transmitindo de xeito oral.

Un espectáculo para incentivar a xogar, pero sobre todo incentivar ás familias (nais, pais pero sobre todo avoas e avós) a furgar na súa memoria para recuperar e transmitir os seus xogos da infancia e o vocabulario que se empregaba.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android