19:00
Cacho animalada

Cacho animalada

CACHO ANIMALADA é unha sesión de narración oral e música para público infantil.

A narradora Vero Rilo acompáñase desta vez da guitarra e voz do multifacético Luis Iglesias. A tradición oral, o humor, o rock e a alegría fan cordada cun feixe de animais e animaladas pensadas para gozar en familia. Un espectáculo fresco e despreocupado para recargar enerxías.

ANIMALADA - substantivo feminino

1 Feito ou dito irracional ou brutal dunha persoa.

Fai tantas animaladas coa guitarra que calquera día leva un dedo. >SINÓNIMOS bestialidade, brutalidade

2 familiar Cantidade moi grande ou excesiva de algo.

Botoulle unha animalada de sal á comida, pero tragar tragábase.. >SINÓNIMOS barbaridade, bestialidade, brutalidade, burrada
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android