11:30 hasta las 21:30
Nigrán Jazz

Nigrán Jazz

O Concello de Nigrán celebra o 29 e 30 de Xullo o XVI Nigranjazz no espectacular escenario ao aire libre do esteiro de A Foz coa presencia dos músicos con maior proxección internacional e na que será, ata a data, a súa edición máis feminina. Así, tres das catro formacións invitadas están lideradas por mulleres: a pianista catalá Lucía Fumero, a guitarrista e compositora letona Ella Zirina e a cantante Eve Cornelius, bandas ás que se suma o guitarrista franco- galego Wilfried Wilde (que tamén conta con mulleres no seu quintento). O cartel foi presentado esta mañá nas instalacións da cervexeira local Banda/Triskale (novo patrocinador do festival) na súa fábrica e punto de venda de Porto do Molle (Rúa do Labrego, 22, Nave 5E) instalacións que acollerán desde o luns 11 de Xullo ao 29 de Xullo a exposición de carteis das 16 edicións (de luns a xoves de 11:30 a 19:00 e os venres ata as 21:30). As tradicionais jam-sessions volverán a celebrarse no propio esteiro de A Foz tras os concertos e a master-class, da que se informará convintemente sobre a inscrición, será a cargo da cantante americana Eve Cornelius o sábado 30 ás 12:30 horas no Auditorio do Concello.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android