Cantares para Rosalía | Parque de galicia (Xinzo de Limia) O concerto compónse de cancións feitas polo dúo con extractos de Cantares Gallegos, obra de Rosalía. Algunhas pezas son con harmonio, de ritmos populares e alegres e outras son con piano. Complétase con cancións que fixo o dúo con poemas que outros autores dedicaron a Rosalía de Castro, como Curros, Otero Pedrayo e García Lorca. Habitualmente incluimos algún tema con letra nosa, como Nana do Couto Mixto ou Alalá dende Turín.
A intensidade interpretativa, así como a beleza dos textos e das músicas non deixa indiferente ó público, sexa cal sexa a súa idade ou familiaridade coa literatura galega.
Este traballo foi mostrado no Parlamento de Galicia o 25 de abril do 2013 coa ocasión da presentación do facsímile da obra pola Consellería de Cultura e o Consello de Cultura de Galicia.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar