20:30
Música Miúda en concerto

Música Miúda en concerto

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
“Música Miúda” é unha banda composta por Irene Quinteiro, Miguel Alonso e Óscar Martínez. Neste proxecto mesturan contos e cancións de creación propia, con especial fincapé na diversidade e a integración, cunha perspectiva de xénero e de promoción da nosa lingua. Veñen de publicar o seu primeiro libro-disco, "Cambia o conto" (Galaxia, 2022).

"Música Miúda en concerto" recompila os temas da banda nun formato eléctrico: voces, guitarras, percusión e baixo. Neste espectáculo danse a man os dous contacontos musicais deste proxecto: "Historias de Bemol Pequeno", que xoga con diferentes conceptos musicais (volume, notas musicais, familias de instrumentos, etc), e "Cambia o conto", que reinventa contos tradicionais e personaxes populares dende unha perspectiva de xénero. Antía Carapuchiña, o dinosauro Pepón, o pirata Efrén, a avoa Lola e máis personaxes acompáñannos para aprender e divertirse nun espectáculo de música en directo para toda a familia!
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android