22:00
A formiga no carreiro

A formiga no carreiro

Co gallo do galardón das Letras Galegas 2020 a Carvalho Calero homenaxeamos a súa figura e ideario lingüístico con música e contos. A nova proposta do dúo Rilo & Penadique convídanos a unha viaxe polas terras da lusofonía para contar, cantar, bailar e brincar cos contos de tradición oral e a música.

Partindo do libro do Zeca Afonso para crianzas recentemente editado polas Escolas de Ensino Galego Semente, Vero Rilo e Sonsoles Penadique empregan esta motivación para afondar nesta tradición veciña.Calvalho Calero no carreiro achéganos a diferentes músicas e artistas que empregan a lusofonía como vehículo de expresión, cunha grande variedade de recursos e diversión para as persoas máis pequenas da casa.

Elenco: Vero Rilo e Sonsoles Penadique
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android